martes, 5 de junio de 2012

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

5 DE XUÑO
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Un día coma hoxe gostariamos  recomendarvos  un libro que vos pode interesar.
Cada día mais os nosos nenos e nenas, a pesar de vivir nun ambiente natural e en moitos casos rural, adican mais tempo a ver a TV, e xogar con ordenadores e videoconsolas.
Os nenos e nenas necesitan contacto coa natureza e realizar actividades ao aire libre a cotio.


É da editorial GRAO


sábado, 2 de junio de 2012

7 FALARES

Todos e todas, nenos e nenas, pícaros e grandes
disfrutamos algunha vez , ou moitas veces, escoitando unha boa historia
contada por alguén que sabe facelo.
Contar contos non é unha actividade para facer en familia.

Nenos e  adultos podemos gozar coma nunca escoitando a verdadeiros contadores de contos.
En Pontevedra, xurdiu unha iniciativa maravillosa que grazas a   "Pavís, Pavós"
podemos divertirnos todos e todas
por que o programa que nos presentan é expectacular, variado, entretido.....
Será a próxima fin de semana.
Se queredes mais información clicade aqui, na súa conta de  facebook, onde ademáis podedes consultar o programa de actividades.

¡ NON O PODEDES PERDER!

miércoles, 30 de mayo de 2012

NOVO PARADIGMA DO SISTEMA EDUCATIVO

PARA REFLEXIONAR UN POUCO:
de onde vimos, onde estamos e a onde queremos chegar....


                                            Si temos fillos e hai cousas que preocupan.
Para que se supón que debemos preparar ás novas xeracións?
Se queres saber algo mais do autor, Ken Robinson, clica aquí, na súa páxina web.
Tamén podedes ver unha entrevista que Eduardo Punset lle fixo no programa redes

lunes, 28 de mayo de 2012

PROGRAMA ORIENTACION FAMILIAR


O Departamento de Orientación do Ceip de Cabanas está a poñer en marcha un programa de ORIENTACIÓN FAMILIAR, que consiste no envío de forma periódica de boletíns informativos ás familias coa finalidade de ofrecer información que poda ser do seu interese segundo a idade e nivel educativo no que están os vosos fillos/as.
Presentamos no blog os do 1º e  2º trimestre do curso.
Esperamos que a información dos mesmos sexa de utilidade.

Podedes consultalos nos seguintes enlaces clicando na imaxe da dereita onde di
BOLETÍNS INFORMATIVOS A FAMILIAS
(Moitas grazas aos compañeiros do foro de orientadores por compartir materiais e traballo e que me deron este traballo case feito)

NAVEGA SEGURO


Cada vez mais a presencia de tecnoloxiía informática forma parte da nosa vida cotiá. Eso significa que debemos alfabetizar ós nosos nenos e nenas neses novos sistemas de comunicación. Pero debemos de facelo sempre de forma segura e saudable.
Dado a importancia do tema consideramos importante que todos os implicados: nenos e nenas, familias e profesorado esteñamos informados sobre o tema.
A xunta ten editados uns traballos interesantes. Se queres coñecelos cliclade aquí.

TÉCNICAS DE ESTUDIO





No seguinte BLOG podedes atopar moita documentación sobre como estudiar, aprender con mais eficacia, preparar exámes, como planificar o estudio. Tamén como podemos facer esquemas, tomar apuntes, facer resumos ou memorizar con mais facilidade, actividades motivacionais e incluso unha valoración inicial dos nosos hábitos de estudio.

Pareceme unha información completa e variada e que pode ser moi útil para os nosos alumnos de terceiro ciclo pero tamén para cando esteñan no Instituto e a esixencia de estudio sexa superior, e precisen mellorar a eficacia no seu traballo.



ALTAS CAPACIDADES




As altas capacidades forman parte da diversidade coa que nos atopamos nos centros educativos. Según as estadísticas entre un 2 e un 3 % do alumnado ten altas capacidades intelectuais.
Non sempre están  identificados nin  ben atendidos.
Un dato preocupante é que a porcentaxe de  fracaso escolar entre os nenos e nenas de altas capacidades duplica os datos da poboación en xeral.
Hai moitos tópicos e estereotipos con respecto ás altas capacidades que creo se deben ir evitando.
O primeiro deles é denominalos "superdotados", non son nin super, nin teñen un don, exactamente.
Todos temos capacidades e este tipo de alumnado ten unhas capacidades para aprender superiores á media da población. Polo demais, e ante todo, son nenos/as, cometen erros, equivocánse, teñen dúbidas e disfrutan xogando igual que calquera outro. Necesitan que entendamos as súas características e que atendamos as súas necesidades.

Este é un tema que pode interesar a moitas persoas, e por iso ofrezo aqui certa información sobre o tema:
- En primeiro lugar en enlace a un blog que ten un experto en educación en altas capacidades. Trátase de Javier Tourón, profesor da Universidadade de Navarra e que é un referente en este tema a nivel mundial. Se queredes consultalo clicade aqui.



- Dous programas de TV:

1- Programa REDES, no que Eduardo Punset nos explica este tema, charlando con expertos na materia de relevancia mundial




2- O segundo video é dun programa de Documentos TV chamado "Al este de la campana de Gauss", que podedes ver a continuación




O tema é amplo e interesante e con moitos matices e conceptos novos e non sempre fáciles de comprender: talento, superdotacion, enriquecemento, flexibilización, intelixencias múltiples,....




DIA DO XOGO



Hoxe celébrase o día internacional do xogo.
E como a nos o que mais nos gosta é xogar  e aprender xogando
queremos celebralo con todos vos.
Clicade no manifesto e veredes o importante que é XOGAR.

XOGAR É UN DEREITO DE TODOS E TODAS.