Mostrando entradas con la etiqueta VALORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VALORES. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de marzo de 2021

FORMACION PARA FAMILIAS: PARENTABILIDADE POSITIVA

Dende Cruz Vermella están a desenvolver  un novo  proxecto

 “ Apoio á parentalidade positiva” 

o cal ten como finalidade apoiar ás familias con menores de idade ó seu cargo nas súas funcións de crianza e socialización ó longo do seu ciclo vital. Fortalecendo ás familias para que as necesidades e os dereitos da infancia sexan satisfeitos, e para fomentar o goce de relacións familiares positivas que permitan o desenvolvemento dos seus membros. 


 Dito proxecto financiado pola Xunta de Galicia, terá unha aplicación de carácter práctico. A modalidade de realización será de xeito virtual, contando cun total de 4 talleres que se realizarán a través da ferramenta Teams.  

 

 Para máis información podedes contactarnos nos seguinte mails: arosa@cruzroja.es, pontevedra@cruzroja.es ou ben no teléfono: 986 512 244. 

viernes, 22 de mayo de 2020

CONFERENCIA JAVIER HURRA







A fundación ofrecenos unha interesante charla con Javier Urra, coñecido Psicólogo, moi mediatico ao que seguro todoxs coñecedes.








Todo o programa de AFUNDACIÓN NA CASA podedes vela  AQUÍ

viernes, 15 de mayo de 2020

DIA DA FAMILIA



FELIZ DÍA FAMILIAS!!!!

Queremos felicitarvos especialmente nestes momentos nos que son as familias as que están a asumir moitos roles que non  corresponden, e porque sabemos o difícil que está sendo conciliar a vida profesional e familiar.


Porque deste día?? deixovos información  neste artigo de "Guia de Infantil"



GRACIAS   FAMILIAS!!!!







martes, 5 de mayo de 2020

DIA CONTRA O ACOSO ESCOLAR




O día 2 de maio celebramos o "DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR"
Durante este curso escolar realizamos varias iniciativas para mellorar a convivencia no centro, tanto para familias como para o alumnado.
Queremos fomentar o "BO TRATO", que ser amabeis, solidarios, empáticos e asertivos sexa algo polo que sentirnos orgullosos.


Unha compañeira orientadora fixo unha proposta moi bonita para celebrar este día.
Non podemos participar no concurso do seu cole pero si ver a presentación explicando que é o acoso.
Unha estupenda recopilación de videos, contos e informacións sobre o acoso nun SYMBALOO.

GRACIAS JENNIFER (pincha).












martes, 28 de abril de 2020

A  expansión do  COVI-19 supuxo  unha situación de crisis global. As nosas vidas cambiaron súbitamente e o  impacto, segundo as circunstancias de cada persoa, é diferente.
Esta infografía do Ministerio de Sanidade ofrece estratexias que poden axudar a minimizar este impacto.

miércoles, 8 de abril de 2020

8 ABRIL. DIA DO POBO XITANO


Convídovos  a ver este vídeo


Nestes días de confinamento hai moitas familias, moitas máis das que pensabamos nun 1º momento, e non solo familias xitanas,  que teñen  verdadeiras dificultades de acceso ás aulas virtuais.
Dificultando enormemente a continuidade do seu proceso de aprendizaxe.

Carecen de ordenador, de impresora ou simplemente de acceso a internet.
Dispor dun móvil  non garantiza a realización das tarefas escolares.

Pensemos  que esas nenas e nenos van a distanciarse moito máis do que xa estaban de moitos dos seus compañeiros e compañeiras, e que a brecha social, que a asistencia ao centro contrarrestaba, agora  vai aumentar.

Para saber máis lee este artigo

Ánimo!!  Vémonos pronto!!!