Dende Cruz Vermella están a desenvolver un novo proxecto
“ Apoio á parentalidade positiva”
o cal ten como finalidade apoiar ás familias con menores de idade ó seu cargo nas súas funcións de crianza e socialización ó longo do seu ciclo vital. Fortalecendo ás familias para que as necesidades e os dereitos da infancia sexan satisfeitos, e para fomentar o goce de relacións familiares positivas que permitan o desenvolvemento dos seus membros.
Dito proxecto financiado pola Xunta de Galicia, terá unha aplicación de carácter práctico. A modalidade de realización será de xeito virtual, contando cun total de 4 talleres que se realizarán a través da ferramenta Teams.
Para máis información podedes contactarnos nos seguinte mails: arosa@cruzroja.es, pontevedra@cruzroja.es ou ben no teléfono: 986 512 244.
No hay comentarios:
Publicar un comentario