sábado, 16 de noviembre de 2019

COMO ELIMINAR PIOLLOS


Todas as familias tememos esas notas ou avisos do cole sobre os temidos piollos.
E unha situación desagradable pero moito máis común do que nos pode parecer.

Para eliminalos definitivamente hai que seguir os seguintes pasos:

1. POÑER PRODUCTO QUE MATE OS PIOLLOS VIVOS SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS DO FABRICANTE. O arbol de té non elimina os piollos.

2. PASAR METICULOSAMENTE A LIENDRERA CON MOITA PACIENCIA 

3. REPETIR O REPASO COA LIENDRERA TODOS OS DIAS POLO MENOS DURANTE UNHA SEMANA.

MENTRAS HAI LIENDRES HAI PIOLLOS. NON MORREN CO PRODUCTO QUE SEXA, 
HAI QUE SACALAS DO PELO, DO CONTRARIO ECLOSIONAN E VOLTA A HABER PIOLLOS.

Si queredes uns bos consellos sobre como eliminalos de forma eficaz podedes consultar o blogue de 
Marian Garcia, boticaria Garcia


viernes, 30 de agosto de 2019

BECAS Alumnado Neae

Queremos recordar que está aberto o prazo para solicitar as becas do ministerio de educación para alumnado con necesidades educativas especiais e alumnado de necesidades de apoio educativo.


Tendes toda a información resumida polo compañeira Lourdes Otero Rodríguez e  Orientadora no IES Xosé Neira Vilas en Perillo.