O día 2 de maio celebramos o "DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR"
Durante este curso escolar realizamos varias iniciativas para mellorar a convivencia no centro, tanto para familias como para o alumnado.
Queremos fomentar o "BO TRATO", que ser amabeis, solidarios, empáticos e asertivos sexa algo polo que sentirnos orgullosos.
Unha compañeira orientadora fixo unha proposta moi bonita para celebrar este día.
Non podemos participar no concurso do seu cole pero si ver a presentación explicando que é o acoso.
Unha estupenda recopilación de videos, contos e informacións sobre o acoso nun SYMBALOO.