A Consellería de Educación vén de confirmar que o noso centro foi seleccionado para desenvolver, a partir de xaneiro, os seguintes programas:
1. CONTRATOS PROGRAMA (anteriormente chamados PROA: Reforzo, Orientación e Apoio), modalidade de Acompañamento Escolar):
Que é o programa Proa?
É un programa de Innovación, avalado pola U.E e a Xunta de Galicia. Consiste nun programa de Reforzo, Orientación e Apoio que comezará a funcionar, por primeira vez, no Ceip Cabanas-Salcedo este curso.
Trátase dunha medida de calidade educativa que ten como finalidade aumentar ó éxito escolar do alumnado, mellorar o rendemento académico dos alumnos, as expectativas do éxito escolar e previr o fracaso escolar.
A quen está destinado?
Está destinado para o alumnado do segundo ciclo (3º, 4º) e terceiro ciclo (5º, 6º) de primaria (establecendo 2 grupos). O alumnado é seleccionado polo titor/a tras uns criterios preestablecidos polo propio programa.
Lévase a cabo en horario extraescolar (polas tardes), dúas horas diarias de luns a xoves (2 días cada grupo) , e dura aproximadamente o curso académico.
A actividade é completamente gratuíta para as familias seleccionadas, incluído o transporte ao centro.
Que obxectivos persegue?
Este programa pretende:
- Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado
- Potenciar os hábitos de organización e constancia no traballo.
- Facilitar a aprendizaxe de técnicas de estudo.
- Mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura.
- Facilitar a transición do colexio ó instituto.
A intención destes programas é que, xunto cos outros que levamos a cabo, mais os impagables esforzos diarios nas aulas, se incremente o nivel da educación dos nenos e nenas, atendendo aos diferentes niveis de partida de cada un.
2. MELLORA DA LECTURA, ESCRITURA E CÁLCULO.
Destinado a todo o alumnado de E.Primaria, que ten como obxectivo mellorar as competencias básicas do alumnado.
Realizaránse actividades en horario escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario