miércoles, 29 de abril de 2020

EMOCIÓNS NO CONFINAMENTO

Nunha situación de confinamento como a actual derivada da crisis sanitaria polo COVI-19, a intelixencia emocional adquire un papel clave para sobrelevar na casa os días que dure o corentena.
Saber xestionar emocións no ámbito familiar atendendo ás necesidades dos máis pequenos é moi importante.


A  fundación BBVA, a través do seu programa educativo "APRENDEMOS JUNTOS", ofrece un curso online "HECHOS DE EMOCIONES" que pode ser unha ferramenta perfecta para estes días.


É gratuito e solo tendes que rexistrarvos cun correo electrónico. Darávos acceso a videos, materiais descargables e guias. Podedes facelo cando querades e está dirixido tanto para Primaria como Secundaria. aquí tendes o enlace para acceder:



Este programa "APRENDEMOS JUNTOS"  ten un montón de contidos moi interesantes sobre temas educativos, outros cursos monográficos sobre temas variados e charlas con expertos.

RECOMENDACIÓN

ALVARO BILBAO


O neuropsicólogo, escritor de libros como "El cerebro del niño explicado a los padres" , publicou nestes días un interesante artigo onde explica algunhas medidas básicas, pero importantes para axudar aos nenos durante este proceso. 




Este psicólogo,  neurólogo, escritor e divulgador ten un blogue moi interesante que podedes consultar aquí.

martes, 28 de abril de 2020

A  expansión do  COVI-19 supuxo  unha situación de crisis global. As nosas vidas cambiaron súbitamente e o  impacto, segundo as circunstancias de cada persoa, é diferente.
Esta infografía do Ministerio de Sanidade ofrece estratexias que poden axudar a minimizar este impacto.

lunes, 27 de abril de 2020

MEDO A SAIR DA CASA




Agora que está permitido que os nenxs saian da casa podemos atoparnos con que algún mostre MEDO a saír da casa.
 Os expertos no lo están advertindo.
Aquí tendes enlaces a varias noticias ao respecto.



viernes, 24 de abril de 2020

NORMAS PARA OS PASEOS DOS NENXS

Por fin os nenxs van a poder sair da casa a partir do próximo  domingo. Pero estas saídas non poden ser como antes, debemos cumprir unhas normas e os nenos e nenas deben coñecelas.
Deben saber antes de sair cal será o procedemento e o que poden e non poden facer.

Aquí tendes unhas instruccións para que llas podades explicar aos nenxs de forma doada.


Documanto feito pola compañeira  Mercedes Fernández 
do Ceip Valle Inclán

Moitas gracias!!!

jueves, 23 de abril de 2020

23 abril 2020

DIA DO LIBRO

Neste día do libro 2020 en confinamento o Departamento de Orientación quere facervos as seguintes suxerencias de libros para nais e pais.






Xa falta menos!!

 E recordade que debemos facer compras nas librarías e comercios locais para axudar nesta difícil situación.
Pero tamén  os podedes  pedir en préstamo no cole.

Féliz día do libro!!!


miércoles, 15 de abril de 2020

miércoles, 8 de abril de 2020

8 ABRIL. DIA DO POBO XITANO


Convídovos  a ver este vídeo


Nestes días de confinamento hai moitas familias, moitas máis das que pensabamos nun 1º momento, e non solo familias xitanas,  que teñen  verdadeiras dificultades de acceso ás aulas virtuais.
Dificultando enormemente a continuidade do seu proceso de aprendizaxe.

Carecen de ordenador, de impresora ou simplemente de acceso a internet.
Dispor dun móvil  non garantiza a realización das tarefas escolares.

Pensemos  que esas nenas e nenos van a distanciarse moito máis do que xa estaban de moitos dos seus compañeiros e compañeiras, e que a brecha social, que a asistencia ao centro contrarrestaba, agora  vai aumentar.

Para saber máis lee este artigo

Ánimo!!  Vémonos pronto!!!

miércoles, 1 de abril de 2020

REFORZA-T




Queremos recordar a todas as familias do alumnado que asiste ao programa REFORZA-T, que a profesora Cristina está á vosa disposición para o que precisedes.
Podedes poñervos en contacto con ela, ao ben a través da/o titor/a, ou directamente a través do seguinte correo electrónico

reforzate.cabanas2020@gmail.com