miércoles, 29 de abril de 2020

EMOCIÓNS NO CONFINAMENTO

Nunha situación de confinamento como a actual derivada da crisis sanitaria polo COVI-19, a intelixencia emocional adquire un papel clave para sobrelevar na casa os días que dure o corentena.
Saber xestionar emocións no ámbito familiar atendendo ás necesidades dos máis pequenos é moi importante.


A  fundación BBVA, a través do seu programa educativo "APRENDEMOS JUNTOS", ofrece un curso online "HECHOS DE EMOCIONES" que pode ser unha ferramenta perfecta para estes días.


É gratuito e solo tendes que rexistrarvos cun correo electrónico. Darávos acceso a videos, materiais descargables e guias. Podedes facelo cando querades e está dirixido tanto para Primaria como Secundaria. aquí tendes o enlace para acceder:



Este programa "APRENDEMOS JUNTOS"  ten un montón de contidos moi interesantes sobre temas educativos, outros cursos monográficos sobre temas variados e charlas con expertos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario